Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Compañía Eléctrica: Festa

A Compañía Eléctrica nace en 2020 da man de Iria Pinheiro (actriz) e Suso Jalda (técnico) para crear espectáculos dende un punto de vista plástico e poético onde a interpretación e o dispositivo escénico van da man desde o principio da creación. As propostas da compañía están destinadas a todos os públicos, alternando en ocasións con pezas só para público adulto. A Compañía Eléctrica conta con diferentes colaboracións de artistas coma Areta Bolado (actriz), María Reimóndez (escritora) , Juanma Ons (músico), etc.

Galego

Brincadeiras da lingua

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

Galego

Magín Blanco: Caderno de cores e afectos

O “Caderno de cores e cancións” é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e vencellado ás cores e as súas sinerxías tanto emocionais como naturais. O xogo con todos estes elementos será o que nos axude a construír e descubrir un universo persoal ou colectivo que nos permita comunicarnos e achegarnos xogando con elementos sinxelos como son as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

Galego

Violeta e o mar

A biblioteca cede o espazo para a realización do conto musicado Violeta e o mar a cargo do alumnado de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

No salón de actos. Dirixido a público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Papaguena

Papagena é unha ópera electrónica de pequeno formato a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Galego

Quéroche un conto

‘Quéroche un conto’ era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, e soía dicila xusto antes de arrincarse a contar como cambiaran as cousas desde os seus tempos.

Das súas anécdotas e doutras recollidas de familia propia e allea vai este conto. De como eran os amores e as regueifas, das festas e os peligros do pasodobre, dos alcumes e a retranca, das peculiaridades do noso carácter que tanto cambiaron… ou non… En definitiva, das cousas de antes e as cousas de agora.

Galego

O Benquerer (se)

Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o apoderamento.

Galego

Serán’03. III Encontro Galego de Cultura Popular

A foliada regresa á Cidade da Cultura co Serán’03! Entre o 10 e o 12 de xuño, o III Encontro Galego de Cultura Popular encherá o Gaiás de baile e música cunhas protagonistas de excepción: as pandeireteiras. Hoxe en día é imposible entender a música galega sen a figura das pandeireteiras e o Serán’03 congregará a un milleiro de artistas e intérpretes arredor dun dos instrumentos fundamentais do noso folclore.

Galego

Santi Rodríguez: Espíritu

Espírito é o novo espectáculo teatral do actor e humorista Santi Rodríguez. Trátase dun espectáculo que vai máis aló da comedia, porque é comedia do «máis aló». Humor doutra dimensión, porque, se nesta vida as cousas non son fáciles, imaxínache cando apenas sexas un espírito. Unha comedia para morrerse de risa.

Espírito. Hai risa despois da morte?

Hai vida despois da morte? É moi caro? Hai veciños? Que me poño?

Espírito é un espectáculo teatral que non está baseado en feitos reais, pero case.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo