Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Magín Blanco: Caderno de cores e afectos

O “Caderno de cores e cancións” é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e vencellado ás cores e as súas sinerxías tanto emocionais como naturais. O xogo con todos estes elementos será o que nos axude a construír e descubrir un universo persoal ou colectivo que nos permita comunicarnos e achegarnos xogando con elementos sinxelos como son as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

Galego

Violeta e o mar

A biblioteca cede o espazo para a realización do conto musicado Violeta e o mar a cargo do alumnado de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

No salón de actos. Dirixido a público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Papaguena

Papagena é unha ópera electrónica de pequeno formato a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Galego

Quéroche un conto

‘Quéroche un conto’ era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, e soía dicila xusto antes de arrincarse a contar como cambiaran as cousas desde os seus tempos.

Das súas anécdotas e doutras recollidas de familia propia e allea vai este conto. De como eran os amores e as regueifas, das festas e os peligros do pasodobre, dos alcumes e a retranca, das peculiaridades do noso carácter que tanto cambiaron… ou non… En definitiva, das cousas de antes e as cousas de agora.

Galego

O Benquerer (se)

Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o apoderamento.

Galego

Serán’03. III Encontro Galego de Cultura Popular

A foliada regresa á Cidade da Cultura co Serán’03! Entre o 10 e o 12 de xuño, o III Encontro Galego de Cultura Popular encherá o Gaiás de baile e música cunhas protagonistas de excepción: as pandeireteiras. Hoxe en día é imposible entender a música galega sen a figura das pandeireteiras e o Serán’03 congregará a un milleiro de artistas e intérpretes arredor dun dos instrumentos fundamentais do noso folclore.

Galego

Santi Rodríguez: Espíritu

Espírito é o novo espectáculo teatral do actor e humorista Santi Rodríguez. Trátase dun espectáculo que vai máis aló da comedia, porque é comedia do «máis aló». Humor doutra dimensión, porque, se nesta vida as cousas non son fáciles, imaxínache cando apenas sexas un espírito. Unha comedia para morrerse de risa.

Espírito. Hai risa despois da morte?

Hai vida despois da morte? É moi caro? Hai veciños? Que me poño?

Espírito é un espectáculo teatral que non está baseado en feitos reais, pero case.

Galego

Circlassica: O soño de Miliki

Miliki é un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. Unha noite escribe o seu desexo no Libro de todas as Viaxes e a súa poder é tan forte que o seu mundo énchese de luz, son e cor: acróbatas, músicos e trapecistas asolagan o seu universo.

Entre todos eles destacan Don Pepito e Don José, dous personaxes requetefinos e medio chiflados que lle axudarán a conseguir o seu ansiado nariz de pallaso, e Astracán e Tosca, os príncipes da anticomedia, que farán todo o posible por desviar ao pequeno Miliki do seu marabilloso camiño.

Galego

Festival 107 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles

O Festival Aniversario do Real Coro ?Toxos e Froles? é o espectáculo de música, baile e canto galego máis antigo de Galicia, xa que foi iniciado o 29 de Maio de 1915, día no que aconteceu o debut da colectividade ferrolá no Teatro Jofre de Ferrol. Neste espectáculo mistúrase o cuanto, a música e o baile tradicional.Tamén actuará o Rancho das Rendilheiras da Praça de Villa do Conde, asociación folclórica que ven de cumprir os seus 100 anos de vida no ano 2020.

Galego

Enche a túa aula con pensamento creativo

Hai anos pregunteime: Por onde empezo?, que necesitan?, que necesito??

Despois de moito pensar e de equivocarme, decidín ser fiel a min mesma e comecei a usar a fantasía como medio de aprendizaxe. Levo anos adornando a súa realidade. Gustaríame que non se entendese a palabra adorno de forma literal. Non quero que se interprete como un simple decorado, un doce papel para envolver un agasallo; senón como un medio que nos convide a facer, lograr que esperte a curiosidade sen saber moi ben se estamos a xogar, creando, experimentando ou aprendendo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo