Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Bebescena 2022: Baby-Lonia

Espectáculo que conxuga a música, a danza e os monicreques.

Baby-Lonia móstranos un día calquera nun lugar de xogo onde ocorrerán situacións máxicas, divertidas; achegándonos, con amor, ao mundo da natureza, dos animais, dos soños, do circo e do espazo. Desde o amencer ata o anoitecer ocorrerán cousas sorprendentes en Baby-Lonia. O seu personaxe principal, Coello, coñecerá a Paxaro, a Sol, a Lúa e xogará coas Estrelas.

Baby-Lonia conxuga a música, a danza e as monicreques. As texturas, as cores e as formas levarán aos cativos a unha ilusión compartida cos maiores.

Galego

As Armadanzas

A coñecida cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrécenos un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar. A proposta emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, onde a conversa en lingua galega, e por extensión a música e o baile, servían como base das relacións humanas.

Galego

Inventio

Inventio é unha creación para público familiar chea de humor, misterio e fantasía; unha viaxe sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos de cinema futurista, que visitará 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023.

Galego

Pequeclassics: As cores do metal

Dúas trompetas, unha trompa, un trombón, unha tuba e incluso un sousáfono. Ven a coñecer ‎as cores da familia dos instrumentos de vento de metal a través de músicas de épocas ‎e estilos moi diversos. Un clásico do programa educativo de L ´Auditori de Barcelona cunha posta en escena que ‎sorprenderá a toda a familia.
 

Galego

Ghop, Teatro ao Cubo

Un espectáculo no que crear contextos de socialización en galego que vinculan o presente e o pasado para seguir xerando unha lingua de futuro. Sofía Espiñeira presenta esta proposta da súa compañía, Teatro ao Cubo, na que desenvolven un espectáculo de circo totalmente interxeracional e para todos os públicos, para gozar en familia e dende calquera idade.

Galego

Omayra Cazorla

Omayra Cazorla aterrou no panorama humorístico canario pisando forte. É traballadora social, actriz e humorista, aínda que ela defínese como ?feminista de verbo, monologuista de carne.

Co seu característico estilo grotesco e natural, crea os seus monólogos das accións e situacións cotiás que vivimos día a día. É pura enerxía en movemento, intensidade e paixón. Os seus vídeos cargados de espontaneidade colocárona xa como a humorista canaria con máis seguidores en redes sociais, ascendendo xa a máis de 750.000.

Galego

Kike Pérez

Kike Pérez é efusivo, diferente, directo, único, así é o novo show de Kike Pérez que representará no Sinatra Cóctel Bar de Vigo. Un espectáculo onde dá a súa versión máis delirante cheo de momentos ao máis puro estilo Kike.

No sector audiovisual, actualmente estanse emitindo as segundas tempadas do programa Sota, Cabalo e Rey en TVC e da serie GRAXA en PlayZ  de TVE, e atópase pendente do trinque unha serie infantil para Disney Channel.

Galego

Pallaso Popín

O pallaso Popín é un personaxe creado polo actor Adolfo Mugana, que leva máis de 30 anos dedicado ao mundo da animación e as artes escénicas. O Pallaso Popín é todo un clásico do panorama humorístico galego. É coñecido por case todo o mundo.

Popín é un clown que gusta a todos o mundo, tanto maiores como a pequenos. Incansable humorista infantil gusta a todos os asistentes polo seu descaro, desvergoña, ocorrencias e permanente improvisación.

Galego

La Granja de Zenon: El Gran Gallo

La Granja de Zenón, o fenómeno infantil que rompeu todos os récords nos principais teatros do mundo, volve a España co seu novo espectáculo El Gran Gallo.

Bartolito, Zenón, O Lobo Beto, A Potranca Margarita, A Vaca Lola e todos os animais de La Granja volven ao teatro, na súa xira española 2022/2023. 

Nesta nova experiencia única no xénero, levarás ao límite todos os teus sentidos nun show inmersivo que che permitirá transitar polas catro estaciones do ano acompañado das súas mellores cancións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo