Mágica Aventura
Perico e Tita, perseguindo o seu papaventos, intérnanse no bosque. Alí atopan o castelo onde vive o Gato con Botas, quen lles conta como venceu ao ogro para que o seu amo casase cunha princesa.
Os nenos seguen a procurar o seu cometa e chegan a uns arrecifes coroados por un faro. Soben a el e o fareiro relátalles as aventuras dun buque fantástico, que se aparecía misteriosamente para combater aos piratas.

