Ariodante
ARIODANTE é unha das máis importantes obras de Hädel, non só pola beleza da súa música, que nos deixa unha importante sucesión de Arias de gran complexidade técnica, senón tamén pola intelixencia que mostra o autor ao entender onde residía o éxito dunha obra naquel momento, deixando amplos fragmentos de lucimento para as súas estrelas canoras, quen lle aseguraba o cheo do teatro e a espectacularidade das súas interpretacións, reflectidas nas endemoniadas variacións características da forma DaCapo das súas Arias.

