Camiño Escena Norte: Kimera - La Banda Teatro Circo
Este sábado 10 de setembro bota a andar a cuarta edición do Camiño Escena Norte (CEN). Baixo o lema Medran os sorrisos, o proxecto de intercambio escénico, artístico e profesional entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e, este ano, tamén Navarra percorrerá desde esta fin de semana, e até o 9 de outubro, 38 localidades das cinco comunidades autónomas.CEN 2022 inicia este sábado 10 a súa andaina galega na Praza da Quintana (ou no Salón Teatro en caso de choiva) coa presentación do espectáculo 'Kimera', da compañía navarra La Banda Teatro Circo.

