A pena do cu do mundo
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 29 de Outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a derradeira cita do mes de Teatro con Fegatea. Nesta ocasión a peza seleccionada é ‘A pena do cu do mundo’, unha obra escrita e dirixida por Leandro Lamas para a compañía 'Carrachanacacha', parte da Asociación Aturuxo de Melpómene de Narón. A función é con entrada libre ata esgotar as localidades.

