Sin miedo
"Sin miedo" é unha abordaxe poética sobre o medo e as maneiras de superalo. O medo como medida, o medo como estímulo.
As acrobacias toman forma sobre unha escaleira, obxecto escénico que establece os obxectivos, os desafíos, as dúbidas, as certezas e o risco. Cada banzo que se sobe supón avanzar cara a un obxectivo, tamén unha vertixe que fai dubidar no ascenso pero... hai que arriscarse para que todo saia ben.

