Avanoa. O musical
Canavar e Masina, fundadores dunha inmensa empresa dixital, son aparentemente felices na súa vida de éxito. En realidade, afrontan a madurez con pasividade e decepción, sen a forza e os ideais que os moveron na súa mocidade.
Masina é consciente diso e loitará para que Canavar, ao que aínda ama, saia dese estado.
O que provocou e aproveitou esta situación é o seu ambicioso e falso amigo Ratsy, ao mando da empresa e partidario do uso agresivo da tecnoloxía máis deshumanizadora.

