Big Van. Monólogos científicos
As preguntas sobre bioloxía, química, matemáticas, física ou enxeñería serán resoltas dun xeito próximo e divertido.
Ou público será o protagonista deste espectáculo tan interesante.

As preguntas sobre bioloxía, química, matemáticas, física ou enxeñería serán resoltas dun xeito próximo e divertido.
Ou público será o protagonista deste espectáculo tan interesante.
O coñecido programa televisivo de monólogos, producido por Globomedia, trae o seu espectáculo á cidade de Vigo. Nesta ocasión pódese gozar coa experiencia en directo da man dos mellores monologistas de España.
Nesta ocasión poderemos ver en directo a algúns dos cómicos máis coñecidos do programa televisivo como son David Navarro, Yolanda Ramos e Oswaldo Digón.
O grupo Mayumana preséntanos o seu novo espectáculo Rumba!, tras ser recoñecida en todo o mundo como unha banda de referencia dentro do seu xénero, realizando espectáculos por Europa e América.
Esta representación nace en Madrid polas aspiracións dun grupo de mozos. Mayumana mostra todas as súas habilidades de danza e percusión para que o público goce das súas actuacións. O ritmo de percusión, xunto cos bailes que realizan fan que este evento estea enfocado a todos os públicos. Ademais o show Rumba! conta con cancións do grupo Estopa.
Xarope Lulú é unha compañía dedicada ás artes escénicas para pequenas e pequenos, que procura a estimulación nas primeiras etapas da vida, onde a mente e o corpo están atentos e perceptivos a todo tipo de estímulos.
Contan as avoas, sabedoras do murmurio, que as bestas muxían abondo, bruaban seguido e mesmo miañaban cando quedaban sen sentido. Rinchar non escoitaran, ruxir nunca ouviran porque naquel territorio poucas feras vivían. Non obstante, miña tía, que fora viaxada, dicía que de nova bruídos escoitara.
O evento quere pasar a ser unha referencia para o resto de eventos similares e que se recoñeza en España como un evento singular. Está enfocado a un público novo que teña interese pola artista Luna.
On Beat como unha seda conta a historia do paso da adolescencia, fala sobre as relacións familiares e os problemas da mocidade, como a procura do amor ou os malos tratos no colexio. Todo isto desde o punto de vista da protagonista, Luna.
Trátase dun espectáculo no que se representan as coreografías, as escenificacións e cancións máis coñecidas polos seus fans.
O debuxante Luís Davila e o actor Carlos Blanco unen os seus talentos nun divertido espectáculo no que todo pode pasar: unha viaxe a Broadway, bailar claqué, cociñar caldo, debuxos en directo... un ameno show no que comedia e ilustración fúndense e convértense nun todo.
Menú da noite conta coa música de Budiño e Kepa Junquera.
Trátase dun evento no que poder gozar de música tradicional infantil, que pasará por todas as xeracións e concéntrase en representar a música tradicional galega.
Nesta actividade lembraranse os éxitos máis escoitados nos 90, como a xeración do Xabarín e outros grupos nacionais dos últimos anos. Este espectáculo realízase para que todos asistan, pequenos e maiores, que lembrarán a música que cantaban e bailaban hai moitos anos.
Este espectáculo é unha obra didáctica para os máis pequenos. A idea do grupo PINXIT é recrear o pensamento dun artista, dun modo que o entendan os nenos. É dicir, mostrar as calidades da nova arte mediante unha actividade que axuda a experimentar cos novos métodos. A idea principal do evento é que os nenos participen en todas as actividades que se realizan para que teñan curiosidade polo mundo artístico.
O actor ourensán Serxio Pazos recupera a roda de afiar para analizar a actualidade en clave de humor.
O artista recorre ao formato do monólogo para relanzar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense, e ao que considera o mellor contador de historias.
Este espectáculo está englobado dentro do ciclo de Artellando nos Recunchos, das Festas do Apóstolo de 2017.