Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A Pequena e Grande Orquestra

Trátase dun evento no que poder gozar de música tradicional infantil, que pasará por todas as xeracións e concéntrase en representar a música tradicional galega.

Nesta actividade lembraranse os éxitos máis escoitados nos 90, como a xeración do Xabarín e outros grupos nacionais dos últimos anos. Este espectáculo realízase para que todos asistan, pequenos e maiores, que lembrarán a música que cantaban e bailaban hai moitos anos.

Galego

PINXIT

Este espectáculo é unha obra didáctica para os máis pequenos. A idea do grupo PINXIT é recrear o pensamento dun artista, dun modo que o entendan os nenos. É dicir, mostrar as calidades da nova arte mediante unha actividade que axuda a experimentar cos novos métodos. A idea principal do evento é que os nenos participen en todas as actividades que se realizan para que teñan curiosidade polo mundo artístico.

Galego

Afiando con humor

O actor ourensán Serxio Pazos recupera a roda de afiar para analizar a actualidade en clave de humor.

O artista recorre ao formato do monólogo para relanzar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense,  e ao que considera o mellor contador de historias.

Galego

Juana

Idea Orixinal, Composición, Dirección, Voz: Marina Oural Villapol (MOV)

Dirección Musical, Saxo Soprano e Percusión Miúda: Chefa Alonso

Danza e Coreografía: Irene Álvarez Coto

Batería: Ramón Peña Gómez

Contrabaixo: Jorge Frías

Revisión de textos: Xavier Rodríguez Baixeras

Dirección escénica: Mónica Cofiño Arena

Textos de: Juana de Ibarbourou, Marina Oural, Rosalía de Castro

Iluminación/Programación de luces: Alberto Casas

Duración, 50′

Galego

Carlos Casares con maxia e música

Un percorrido con guión de maxia e música, a través da vida e a obra do autor Carlos Casares.

Un espectáculo cun fondo musical e moita ilusión, que navega durante 60 minutos con cancións, con cordas e panos máxicos, e coa vida do tamén dinamizador cultural Carlos Casares como escenografía.​

Actividade dentro do programa Ler conta moito para festexar as Letras Galegas 2017.

Galego

Carlos Casares con maxia e música

Un percorrido con guión de maxia e música, a través da vida e a obra do autor Carlos Casares.

Un espectáculo cun fondo musical e moita ilusión, que navega durante 60 minutos con cancións, con cordas e panos máxicos, e coa vida do tamén dinamizador cultural Carlos Casares como escenografía.​

Actividade dentro do programa do Concello de Ourense para festexar as Letras Galegas 2017.

Galego

Carlos Casares con maxia e música

Un percorrido con guión de maxia e música, a través da vida e a obra do autor Carlos Casares.

Un espectáculo cun fondo musical e moita ilusión, que navega durante 60 minutos con cancións, con cordas e panos máxicos, e coa vida do tamén dinamizador cultural Carlos Casares como escenografía.​

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Brinca vai! De aquí a acolá

Actividade para ver, ler e escoitar. Unha chea de cancións para toda a familia que seguro acompañarán alá onde vaian. Hai que deixarse levar entre as diversas aparencias que ten a lectura.

Trátase de gozar vendo, cantando, escoitando,...

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo