Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Manuel o aduaneiro

Quico Cadaval, que un pouco ao xeito do Manuel María é por sobre todo un contador de historias, chega á Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei da Terra Chá cun dos seus relatos baixo o brazo, de título Manoel o aduaneiro. 
A Casa.Museo está emprazada na que foi palleira grande da Casa de Hortas, na que hai 87 anos nacía Manuel María. 
Prezo da entrada: 5 €. O aforo é limitado, polo que se recomenda reservar entrada con antelación. Pódese facer a través do correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621.

Galego

Menú da fala

Carlos Blanco e Luís Davila son dous piares básicos do humor do país. Posiblemente os dous máis importantes no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente. Unha mestura inesquecible de palabra e imaxe que vén de crear dous espectáculos realmente divertidos e diferentes.
 
Nesta xira ambos crean novo material e adaptan outros xa existentes para crear un espectáculo único con referencia ás figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María, amosando a súa incrible capacidade para faceren rir, adaptarse,integrar e facer humor con selo e calidade de país.

Galego

Gala da Irmandade

A Gala da Irmandade é un dos pratos fortes do DAC-Outono Cultural 2016.  Está articulada en torno á historia e aos persoeiros máis relevantes das Irmandades da Fala, mais contén referencias e alusións a todo o contido que propón DAC-Outuno Cultural 2016. 

ELENCO

Galego

Brundibar

Ópera de Hans Krása sobre un libreto de Adolf Hoffmeister, interpretada por nenos e mozos da Escolanía da Catedral de Santiago e a orquestra xuvenil Praeludim, coa participación e dirección artística de Cándido Pazó.

 

Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Director: José Luis Vázquez López
Orquestra Praeludium. Director: Mateo Iglesias Seoane
Dirección de escena e monólogo: Cándido Pazó

Tradución e adaptación do libreto ao galeg: Katerina Vlasakova, Fernando Reyes e Cándido Pazó

Galego

O coelliño branco

O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.

Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes, fan parte desta actividade de animación á lectura da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Amour

AMOUR da compañía Marie de Jhon, é un ambicioso reto que pretende poñer en valor o teatro que se pode gozar conxuntamente entre nenos e maiores.

O teatro como lugar de encontro para compartir emocións e reflexións, dúbidas e certezas.

Teatro de adultos para nenos e teatro infantil para adultos.

Galego

Xan Soldado

Xan Soldado consigue pasar a Porta da Boa Vida grazas ao seu inseparable Morral Máxico. Venceu ao Diaño Cabra Maior, ao Asombro e ao seu propio medo. No entanto, o que atopa tras a Porta non é o que esperaba.

Alexander Curcic: director

Versión e interpretación: Carlos Alba Cellero

Versión en galego: Xavier Frías Conde

Deseño e realización de vestiario: Azucena Rico

Deseño e realización de escenografía: Olga Churchic

Iluminación: Alexander Curcic

Galego

Magosto no Gaiás. Caxade en concerto

Os cociñeiros Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do restaurante A Horta do Obradoiro, e Manel Oliveira, da Tapería Castelao, serán os encargados de abrir este magosto. En colaboración coa IXP Castaña de Galicia, os tres elaborarán en directo diferentes tapas con este produto como elemento principal e que poderán ser degustadas polos asistentes. A demostración dos cociñeiros irá acompañada dunhas breves explicacións dos membros da IXP Castaña de Galicia sobre as características e bondades deste produto propiamente galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo