Manuel o aduaneiro
Quico Cadaval, que un pouco ao xeito do Manuel María é por sobre todo un contador de historias, chega á Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei da Terra Chá cun dos seus relatos baixo o brazo, de título Manoel o aduaneiro.
A Casa.Museo está emprazada na que foi palleira grande da Casa de Hortas, na que hai 87 anos nacía Manuel María.
Prezo da entrada: 5 €. O aforo é limitado, polo que se recomenda reservar entrada con antelación. Pódese facer a través do correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621.

