Retahilando
Retahilando do ciclo Domingos no Principal.
Sinopse: A tecedeira que tece o mundo chámase Sis Sas e é moi moi vella. Ela tece e tece, todo o tempo tece o tempo. Nacen as persoas, tecidos de historias. Unha vida... un tecer o tempo. Tempo para fiar, enfiar, coser e cantar. Historias dun tempo pasado, obxectos que son contos, cancións con aromas de países mediterráneos. En Retahilando todo recorda, pero nada é exactamente como un soño.
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016.

