Real Filharmonía de Galicia: Nicolas Alstaedt
Nacido en 1982 no seo dunha familia de ascendencia francesa e alemá, foi un dos últimos alumnos de Boris Pergamenschikov en Berlín, onde proseguiu os seus estudos con Eberhard Feltz. Posteriormente recibiu unha forte influencia de músicos como Mstislav Rostropovich, Tabea Zimmermann, Heinrich Schiff, Miklós Perényi, Steven Isserlis e Anner Bylsma.

