Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

BMMC: En clave de igualdad

Con motivo do Día dá Muller contaremos nesta ocasión cunha muller cunha interesante traxectoria como directora de banda.

Directora invitada:  Celia Torá.

Programa:

- LUISA FONT . Andrea Picou Pont. (4´)

- MARXA DO REI BARBUT.  Matilde Salvador. (3´)

- CLEOPATRA. Amparo Edo. (10´)

- TRANSFORMACIÓN ANÍMICA. Alba Misou. (8´10´´)

- CANÇONS DE MARE. Rafael Talens. (20´)

- FEMME FORÇA. Merche Femenía. (4´10´´)

- POEME DU FEU. Ida Gotkovsky. (14´)

Galego

50º Aniversario do Dez de marzo de 1972: Hércules Brass

No 50º aniversario dos acontecementos do 10 de marzo de 1972, este virtuoso quinteto de vento metal interpretará entre outras, a peza "FERROL 1972" composta por Juan Durán especialmente para que a súa estrea teña lugar neste concerto.

Hércules Brass nace na Coruña no ano 2012 e está formado por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Nova Orquestra Sinfónica de Galicia e na Nova Orquestra Nacional de España.

Galego

Matinais Musicais: Multiplensemble

Múltiple é o sinal dun colectivo de artistas que busca espazos de desenvolvemento e crecemento a través de variadas iniciativas artísticas. Cunha ampla experiencia no campo da interpretación e a docencia, e con proxectos presentados en países como Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Bélxica ou Austria, pretenden dinamizar un itinerario no que a arte do presente cohabita en múltiples contextos.

Galego

Matinais Musicais: Leticia Rey

Leticia Rey , natural da localidade pontevedresa de Vila de Cruces, empezou a ter visibilidade no mundo musical ao gañar en 2020 o certame que convoca Estudos Mans, da Fundación Paideia. No ano seguinte comezou a compaxinar as actuacións en directo coa preparación do seu primeiro  EP, que foi estreado no Culturgal 2021 con tres temas en inglés e un en castelán.

Galego

Gala 10º Aniversario Agora – Concierto Cubalicia – Eduardo Coma – Quinteto Cimarrón – Orquesta Gaos

Coa participación do Quinteto Cimarrón e a Orquestra Gaos, trátase dun traballo con tres vertentes ben marcadas: a sinfónica, a jazzística e a tradicional.

Na vertente sinfónica destacamos o traballo de interacción entre o Quinteto Cimarrón e a Orquestra Gaos, as cores logradas nos matices, nos golpes de arco utilizados e que debuxan efectos variados para lograr transmitir diferentes estados de ánimo, todo isto grazas a unha técnica moi depurada debido ao estudo sistemático de todos os integrantes deste proxecto, no que se manifesta a calidade do ensino clásico en Galicia e Cuba.

Galego

Caspervek: O esquimal Nanuk

Este asombroso documental segue a vida dun esquimal, Nanook, e a súa familia mentres viaxan, buscan comida e comercian na península de Ungava, no norte de Quebec, Canadá. Realizada por Robert Flaherty, un home sen coñecementos previos de cinematografía e cun modesto equipo que acabou sentando as bases do cinema documental moderno.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica