Resis: Banda Municipal de Música de A Coruña
Co concerto AKRATA, a Banda Municipal da Coruña participará por primeira vez dentro de RESIS, dentro dos concertos homenaxe a Iannis Xenakis.
Akrata (1964/65) é unha obra para un conxunto de instrumentos de vento madeira e vento metal que leva ao extremo as posibilidades sonoras dos instrumentos: as diferentes intensidades, a emisión do son, a fricción das harmonías que utiliza Xenakis crean un mundo de superficies que, por momentos, fai que a música case poida verse.

