Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto en familia da Orquestra Sinfónica de Galicia - O Viaxe de Walt

Os xemelgos Walt e Diana atopan un proxector máxico nun cinema abandonado. Diana tócao e queda atrapada dentro dunha película.

Coa axuda dun vello proxectista, Walt iniciará unha viaxe para rescatar á súa irmá a través dalgunhas das súas películas favoritas de animación. Será capaz de atopala antes de que sexa tarde?

Galego

Orquesta Clásica de Vigo + Cintaadhesiva: Retrato Musical

Retrato musical preséntase como continuación do monográfico mozartiano co que iniciou a tempada para contrastar dúas lecturas, ambas as actuais, sobre un mesmo compositor e comprobar a vixencia da súa música. Neste concerto, a Orquestra Clásica de Vigo compartirá escenario cos integrantes do grupo poético-musical Cintaadhesiva, Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada, para achegarse á música de Mozart desde a perspectiva da poesía galega actual e do audiovisual para xerar unha proposta única baseada na ópera Così fan tutte para propoñer algo completamente novo.

Galego

Orquesta Clásica de Vigo: Mozart Esencial

A tempada comeza cunha proposta clásica centrada na música de Mozart, nun monográfico con dúas pezas imprescindibles como son o concerto para fagot e a Sinfonía Haffner. Desta maneira, busca comprender a súa importancia para a consolidación do son da orquestra. Ademais, neste programa presentaremos os timbales centenarios da Banda Municipal de Música de Vigo, recentemente restaurados pola orquestra e demostrando así a súa importancia e vixencia, conectando así coas obras escollidas. Un programa imprescindible.

Galego

Orquesta Gaos e Alba Barreiro (arpa)

Nada en Vigo, iníciase no arpa celta da man de Rodrigo Romaní e na arpa clásica con Céline Landelle. Mais adiante completa os seus estudos superiores de arpa en Musikene con arpistas como Frédérique Cambreling e Christine Icart.

Desde moi novo subiuse aos escenarios sendo integrante da Orquestra Folk Sondeseu. Como destacada arpista no ámbito nacional colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia e coa Orquestra Sinfónica de Galicia. A súa versatilidade levouna a compartir escenario con artistas da talla de Carlos Núñez, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz ou Anxo Lorenzo.

Galego

Manuel Madarnás

Con 15 anos lanza o seu primeiro disco como solista, titulado In crescendo, grazas ao cal empeza a participar en diferentes programas radiofónicos e a ofrecer numerosos concertos de presentación acompañado de piano e banda. Ademais, participa en diferentes concursos por España e Portugal, onde obtén numerosos premios. Con 17 anos grava o seu segundo disco, Romantic trumpet e, con 18, finaliza os seus estudos profesionais para finalmente acceder ao Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Galego

I Ciclo de Novos Intérpretes: Enrique Monteoliva e Iñaki Gezala

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 19 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto do barítono Enrique Monteoliva acompañado do pianista Iñaki Gezala, encadrado no 'I Ciclo Novos Intérpretes' lanzado o pasado decembro desde o consistorio. Xuntos darán vida a obras de Clara Schumann, Franz Schubert, Mozart ou Reynaldo Hahn. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo.

Galego

Ciclo de Lied: Infinita tenrura

O ciclo de Lied despídese cun recital centrado en Gustav Mahler, compositor e director de orquestra austro-bohemio, un dos grandes nomes do lied cuxas obras se consideran, xunto coas de Richard Strauss, das máis importantes do posromanticismo e do xénero do lied. O concerto correrá a cargo de dous artistas xermanos: a soprano Christiane Karg e o pianista Gerold Huber. 

Galego

O grande Beethoven

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

En colaboración co Serviço educativo da Casa da Música de Porto

Jan, Wierzba, director

Baseado na figura de Ludwig van Beethoven e celebrando os 250 do seu nacemento en 2020, 'O Grande Beethoven' é un espectáculo didáctico e interactivo. Desvélanse segredos sobre a súa vida, xenio, ben como sobre o instrumento que hoxe en día coñecemos como a Orquestra. Coñecido pola súa música sinfónica e concertante, con humor e algún suspense contarase a súa historia de forma accesíble para pequenos e grandes

Ficha Artística

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica