Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Víctor Bouzas Cuarteto

O xoves 23 de decembro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o concerto de Víctor Bouzas Cuarteto (trompeta) enmarcado no IV Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo.

Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas .

A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse dende media hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio

Galego

Orquestra Nova da OSG

Desde a súa fundación en 1994 a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia permitiu por centos de mozas instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros ou Joan Company entre outros.

Galego

Pallavi Mahidhara

A pianista indio-americana Pallavi Mahidhara fixo o seu debut orquestral á idade de 10 anos, actuando no Festival Ravinia de Chicago. É a gañadora do Segundo Premio e do Público Novo do 69º Concurso Internacional de Piano de Xenebra e do VI Concurso Internacional Prokofiev en San Petersburgo, Rusia. Gañou o Steinway Förderpreis en Alemaña, as Audicións Nacionais de Artistas Astrales en Estados Unidos, e recibiu en múltiples ocasións o Premio Sobresaliente de mans da Raíña Sofía de España.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica