Nadal no Gaiás 2021: Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con Marina Heredia
A Orquestra Sinfónica de Galicia abrirá a programación de Nadal na mesma tarde do acendido do alumeado no Gaiás, o venres 17 de decembro, nun gran concerto no que a agrupación estará dirixida polo seu director asociado, José Trigueros, e acompañada pola recoñecida cantaora Marina Heredia.

