Jean-Michel Pilc
O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no festival Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario (o último no 2018) e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening.

