A Xunta destina 120.000 euros para apoiar as editoriais e potenciar a tradución literaria

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2025.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de publicar a resolución de dúas convocatorias de axudas para apoiar o  sector editorial galego cunha achega de 120.000€ e potenciar así os traballos de tradución, tanto en formato papel como en dixital.

Galego

XIV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro

Está aberto o prazo para poder participar no XIV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro.

Pódense presentar os traballos ata o 16 de decembro  e o fallo do xurado e entrega de premios esta previstó para o 16 de xaneiro de 2026, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Manteñense os premios de 2500€ mais a publicación do libro para a persoa gañadora e de 500€ para a finalista.

Trátase dun dos certames de Poesía máis importantes da nosa Comunidade Autonoma, convocado polo Concello de Negreira en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta.

Galego

A Xunta adquirirá os terreos do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa por un importe de case 242.000€

San Amaro (Ourense), 19 de setembro de 2025

A Xunta de Galicia adquirirá unha superficie de 15 hectáreas no ámbito do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa por un importe de 241.962,43 €. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tras asinar o acordo co representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cristimil e A Torre, Modesto Rodríguez, propietarios dos terreos.

Galego

López Campos salienta o apoio da Xunta a arte contemporánea a través do programa ‘Aberto 25’

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo en valor o compromiso da Xunta coa arte contemporánea en Galicia “dándolle pulo tanto aos propios creadores, como colaborando coas galerías no traballo de promoción que realizan”. Así o salientou na inauguración hoxe, en Santiago de Compostela, de dúas das exposicións que integran o programa Aberto25 e que conta co apoio do Goberno galego.

Galego

López Campos gaba a “sensibilidade e precisión lírica” de Pepe Montes na publicación ‘A vida é un poema’

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, gabou hoxe a “sensibilidade lírica” que reflicte Pepe Montes no seu último libro, A vida é un poema. Fíxoo na presentación que o socio fundador de Feiraco e expresidente da cooperativa realizou en Santiago de Compostela do seu segundo poemario tras o debut, en 2023, con Poemas de vida.

Galego

A Xunta presenta 32 cartas inéditas escritas por Curros Enríquez nos seus últimos anos de vida

Santiago de Compostela, 18 de setembro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación do derradeiro espistolario de Manuel Curros Enríquez ao seu amigo José Ojea Otero. Trátase dunha colección composta por 32 cartas inéditas que o autor de Celanova lle enviou entre xuño de 1904 e xaneiro de 1908, algunhas delas escritas tres meses antes de falecer na Habana.

Galego

Ferrolterra acolle 26 actuacións escénicas e musicais ata final de ano a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ferrol, 18 de setembro de 2025

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado pola Xunta en 43 entidades locais de toda Galicia, ofrece ata final de ano 26 novas actuacións escénicas e musicais en cinco concellos da área de Ferrolterra. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe así á programación cultural de Ferrol, Ortigueira, Narón, As Pontes de García Rodríguez e Cedeira, que neste segundo semestre de 2025 acollen unha ampla escolma de propostas de teatro, danza, música ou circo.

Galego

López Campos propón declarar o 2026 ‘Ano Ramón Otero Pedrayo’

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, propuxo esta mañá declarar o 2026 como Ano Ramón Otero Pedrayo co gallo do 50 aniversario do seu pasamento e o centenario da publicación de Guía de Galicia. Fíxoo na presentación das cátedras institucionais dedicadas ao autor ourensán, Rosalía de Castro, Castelao e Carvalho Calero, onde destacou que o legado destes persoeiros son “o piar que define a nosa cultura e identidade como galegos e por iso é importante recoñecelo e enxalzalo”.

Galego

O XXV Festival de Teatro Agustín Magán arranca mañá en Santiago co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 18 de setembro 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou hoxe o papel do teatro aficionado na dinamización e accesibilidade cultural, “asegurando unha cultura feita por todos e para todos”. Fíxoo na rolda de prensa de presentación do XXV Festival de Teatro Agustín Magán, que arranca mañá en Santiago de Compostela.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS