O festival 6coreógrafas consolida A Estrada como punto de encontro para a danza contemporánea co apoio da Xunta

A Estrada (Pontevedra), 29 de setembro de 2025

O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada co apoio da Xunta para conformar cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta disciplina escénica en Galicia.

Galego

Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Galego

A Xunta impulsa a celebración na Illa de San Simón dunha nova edición do Obradoiro de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’

Santiago de Compostela, 27 de setembro 2025

A Xunta de Galicia volve impulsar na Illa de San Simón a celebración do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para converter este espazo nun laboratorio creativo ao redor da diversidade e riqueza idiomática e cultural desde mañá, domingo, ata o vindeiro 5 de outubro.

Galego

López Campos erixe Galicia como “epicentro creativo” e “viveiro constante de novos artistas”

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu hoxe Galicia como “epicentro creativo e viveiro constante de novos artistas”, dos que gabou “a súa proxección e recoñecementos dentro e fóra da Comunidade”. Así o salientou na inauguración da exposición Breviario, de Tamara Feijoo, na Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas-DIDAC, en Santiago de Compostela, unha mostra que xa foi exhibida no centro artístico Appletón de Lisboa e que conta co apoio da Xunta.

Galego

López Campos subliña o papel pioneiro do Ourense Film Festival na celebración do seu 30º aniversario

Ourense, 26 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu á cerimonia inaugural da 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), que encheu esta noite o Auditorio Municipal da cidade das Burgas. A estrea de Playa de lobos, comedia escrita e dirixida polo galego Javier Veiga, marcou o arranque desta programación, que se desenvolverá ata o 5 de outubro baixo a organización da Deputación de Ourense e a Asociación Cultural Luarada e, un ano máis, co apoio económico da Xunta de Galicia.

Galego

A Xunta e o Festival Maré promoven a circulación exterior da música galega nun encontro profesional con axentes internacionais

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

Un total de 35 artistas e profesionais do sector musical galego e 14 axentes internacionais están a participar hoxe no encontro Maré Pro, que se desenvolve no Riquela Club de Santiago de Compostela no marco do Festival Maré e con financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

A Xunta inicia o proceso para declarar Ben de Interese Cultural o Muíño das Mareas da Seca

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural o Muíño das Mareas da Seca, situado en Cambados, na categoría de lugar de valor etnolóxico. Deste xeito, a Xunta dota esta infraestrutura sobranceira coas máximas medidas de protección para salvagardala como expresión relevante e significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego. 

Galego

López Campos celebra a “unión artística” no CGAC de Jaione Camborda, Max de Esteban e Joan Fontcuberta para arrancar a súa programación de outono

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou hoxe a “unión artística” de Jaione Camborda, Max Estebam e Joan Fontcuberta na experiencia inmersiva Percepción e incerteza, coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea arranca a súa programación de outono.

Galego

O bo momento actual e os principais retos da industria audiovisual galega centran a reunión do conselleiro de Cultura coa directiva da asociación Agapi

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e  Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá cunha representación da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), colectivo empresarial pioneiro no sector audiovisual galego, para tratar diferentes accións que ambas as entidades desenvolven conxuntamente neste ámbito, co foco posto no bo momento actual e nos principais retos desta industria cultural.

Galego

Belén do Campo anuncia a licitación do retablo maior da igrexa de San Fins de Sales cun orzamento de case 65.000 €

Vedra (A Coruña), 26 de setembro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, anunciou a licitación das obras do retablo maior da igrexa de San Fins de Sales que contarán cun orzamento de case 65.000 euros. A representante do Goberno autonómico e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez visitaron o templo para informar do inicio do expediente de contratación para acometer esta actuación o antes posible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS