A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe con cinco espectáculos á nova temporada escénica do Teatro Principal de Santiago

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de espectáculos que a Xunta mantén xunto a máis de 40 entidades locais das catro provincias, contribuirá á nova temporada escénica do Teatro Principal de Santiago de Compostela con cinco espectáculos das formacións galegas Ibuprofeno Teatro, Fran Sieira Compañía de Danza xunto a Caamaño&Ameixeiras, Sarabela Teatro, Artyc Content e Talía Teatro.

Galego

A Fundación Manuel Moldes amosa as ilustracións ‘Bicos de cine’ do pintor pontevedrés que conserva a Filmoteca de Galicia

Santiago de Compostela, 3 de decembro 2025

A Fundación Manuel Moldes inaugurou esta tarde na súa sede de Pontevedra a exposición Bicos de cine, que reúne as 25 ilustracións da serie homónima creadas polo pintor pontevedrés en 1991 e que se conservan actualmente na Filmoteca de Galicia. A cinemateca da Xunta colabora na organización desta mostra, cedendo os debuxos que Manuel Moldes realizara para as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) do Carballiño e nos que se reflicte a súa gran afección pola sétima arte.

Galego

López Campos celebra o liderado de Galicia en proxectos artísticos internacionais coa mostra conxunta de Kounellis no Es Baluard Museu de Palma

Palma, 3 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo en valor hoxe “o liderado que está a mostrar Galicia en proxectos artísticos internacionais”, tal e como considerou que demostra a exposición temporal conxunta entre o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Es Baluard Museu D’art Contemporani de Palma sobre o artista grego Jannis Kounellis, inaugurada hoxe na capital mallorquina.

Galego

Andrés Rivas Rodís acada a primeira residencia de arte e ciencia impulsada pola Xunta e a USC

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela veñen de adxudicar a Andrés Rivas Rodís a primeira Residencia ArtLab IGFAE para conectar a creación contemporánea galega coa investigación punteira no campo da física. O artista compostelán desenvolverá o seu proxecto, Outro e sobre si, a partir de febreiro de 2026 nas instalacións do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e da Cidade da Cultura, e será exposto no Gaiás a finais do próximo ano.

Galego

O Centro Dramático Galego presenta no Salón Teatro ‘Berenguela na gaiola’ en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú, FIOT e Fundación Manuel María

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Salón Teatro Berenguela na gaiola, unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que foi recoñecida co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, e chega ao escenario compostelán tras a súa estrea os pasados 26 e 27 de setembro en Carballo.

Galego

López Campos destaca o traballo de Xavier Vilató “para que a cultura galega se siga enriquecendo desde outras olladas”

A Coruña, 2 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou “a autores como Xavier Vilató que fan que desde outras olladas e perspectivas a cultura galega se siga enriquecendo”. Fíxoo nunha visita, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, á exposición sobre o legado do artista no Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, que está aberta ao público ata o vindeiro 26 de febreiro.

Galego

A Xunta proxecta a cultura galega en Iberoamérica cunha delegación propia na Feira do Libro de Guadalaxara

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

A Xunta de Galicia está a proxectar, un ano máis, a cultura galega en Iberoamérica cunha delegación propia na Feira do Libro de Guadalaxara, unha das citas internacionais máis relevantes para o sector que se celebra ata o 7 de decembro nesta cidade mexicana.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS