A Xunta contribúe á programación escénica da cidade da Coruña con 17 actuacións no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A Coruña, 18 de setembro de 2025

A Xunta de Galicia contribúe á oferta escénica da cidade da Coruña entre os meses de setembro e decembro coa programación de 17 actuacións escénicas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado entre a Xunta e 43 entidades locais asociadas, da que forman parte o Teatro Rosalía Castro e o Fórum Metropolitano.

Galego

O Centro Dramático Galego retoma as funcións do espectáculo ‘A serie clopen’ tras o éxito da súa estrea no Salón Teatro de Santiago

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo do Centro Dramático Galego A serie clopen, que retoma as funcións tras a boa acollida do público na súa estrea a pasada fin de semana. Esta nova produción da compañía pública, que permanecerá en cartel ata o 26 de outubro, combina as artes circenses coas matemáticas e a historia para ofrecer unha reflexión crítica sobre os retos aos que se enfronta a mocidade actual. 

Galego

López Campos aborda cos alcaldes de Laza, Monterrei e Cualedro colaboracións en materia de Patrimonio

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abordou hoxe cos alcaldes de Laza, José Ramón Barreal; Monterrei, José Luis Suárez, e Cualedro, Luciano Ribeiro, posibles vías de colaboración en materia de patrimonio cultural nestes municipios ourensáns.

Galego

A oitava edición do festival Intersección converterá A Coruña en escaparate das novas linguaxes do cinema co apoio da Xunta

A Coruña, 17 de setembro de 2025

O festival Internacional Intersección da Coruña presentou hoxe a programación completa da súa oitava edición que se desenvolverá co apoio da Xunta do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países e situarse como punto de encontro do cinema contemporáneo

Galego

A Xunta segue a impulsar os servizos bibliotecarios en toda Galicia coa integración na Rede galega dun novo centro en Tomiño

Tomiño (Pontevedra), 17 de setembro 2025

A Xunta continúa a impulsar os servizos bibliotecarios en toda a Comunidade, nomeadamente no rural, coa incorporación na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dun novo centro achega de 30.000€ para sumar aos seus fondos uns 1.500 libros.

Galego

A Xunta e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer premian a Rita Doallo co IV premio Simbad

Santiago de Compostela, 17 de setembro 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega do cuarto premio de literatura infantil Simbad, que recaeu en Rita Doallo, pola obra Astralistoria. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer que conta co apoio da Xunta de Galicia, co obxectivo de sensibilizar sobre esta doenza entre a cativada e establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións.

Galego

A Xunta impulsa a difusión da arte contemporánea de creadores galegos a través do programa ‘Aberto 25’

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou hoxe a implicación da Xunta na promoción e difusión da cultura da  creación galega de arte contemporánea. Fíxoo na presentación do programa Aberto25, no que participan, nesta edición, dez galerías da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, que abrirán a súa programación de outono de xeito simultáneo o vindeiro xoves, 18 de setembro.

Galego

O proxecto de artes escénicas ‘Ocupación Miñota’ chega a Ponteareas co apoio da Xunta para tender pontes entre Galicia e Portugal

Vigo, 16 de setembro de 2025

O Centro Dramático Galego continúa a tender pontes entre creadores e público das artes escénicas de Galicia e Portugal con Ocupación Miñota, un programa de actividades arredor do teatro, no que se inclúen sesións de formación, conversas e a exhibición de tres espectáculos que terán lugar no marco das Residencias Artistea de Ponteareas do 17 ao 21 de setembro.

Galego

López Campos destaca a “alianza cultural cos países iberoamericanos” nunhas xornadas que reúnen no Gaiás expertos en patrimonio

Santiago de Compostela, 15 de setembro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na inauguración das cuartas xornadas da Incubadora de itinerarios culturais de Iberoamérica, que reúne no Gaiás a expertos en cultura e patrimonio de Galicia e desta zona xeográfica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS