Evento: Medidas desesperadas. Morte no parque

Medidas desesperadas. Morte no parque
venres, 16 decembro, 2022 - 19:00
Biblioteca Municipal Ágora,
A Coruña

Medidas desesperadas. Morte no parque

Presentación do libro de María Acosta Díaz.

Coñece a nova obra de María Acosta Díaz "Medidas desesperadas. Morte no parque", unha nova aventura de Carme Barbeito e Pablo Armengol. 

María Acosta presenta na Biblioteca Ágora "Medidas desesperadas. Morte no parque", que narra unha nova aventura de Carme Barbeito e Pablo Armengol, a parella de detectives privados do seu primeiro título "Patacas, e máis patacas : o misterio da Casa Grande".

Sinopse da obra

A tranquilidade da cidade da Coruña verase alterada outra vez por unha muller morta atopada nos arredores do Parque de Santa Margarita. Unha estrafalaria asociación de mulleres, roubos de obras de arte no rural galego, o centro da cidade como escenario das súas aventuras. Unha historia trepidante e sorprendente onde se une a descrición de dúas das realidades que afectan máis á sociedade galega, e on só a ela: a violencia dentro do fogar e o roubo do patrimonio galego con total impunidade.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense