Evento: Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica

  • Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
martes, 7 abril, 2026 a martes, 26 maio, 2026
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica

Novo curso adicado as representacións no mundo grecorromano

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Está concibido como unha continuación natural do desenvolvido no outono de 2024, onde se estudaron as divindades do panteón grecorromano, xa que os heroes e heroínas obxecto de análise esta vez son descendentes de relacións que tiveron con mortais os deuses estudados anteriormente.

Se no primeiro curso enfocouse a interpretación da mitoloxía clásica non como unha mera narración de fábulas fermosas, senón como unha interpelación á esencia do ser humano, no presente curso esta interpelación será aínda máis intensa, pois o relato heroico é a base da traxedia ateniense da Época clásica que puxo sobre a escena os conflitos humanos esenciais dun xeito que aínda hoxe espertan o noso interese: abonda só con citar nomes como Edipo ou Electra para entendermos a transcendencia dos temas que se tratarán.

Así mesmo, prestarase especial atención ás heroínas, aproveitando a relevancia e o protagonismo que a Mitoloxía clásica lles dera ás mulleres, e que os sucesivos modelos sociais lles negaron en practicamente todas as épocas e en todas as partes do planeta.

Impartido por Fernando Domènech.

Máis información sobre o contido e a inscrición nesta ligazón do Museo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado
24 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Presentación de libros no Museo Massó
Presentación de libros
1 de abril
Museo Massó
BibliotecArte: Vida e obra de René Lalique
23 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés