Evento: XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC: Patrimonio e voces do Camiño de Santiago
XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC: Patrimonio e voces do Camiño de Santiago
No mes de xullo terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago as XVII Leccións Xacobeas Internacionais, o curso de verán da Universidade de Santiago sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Baixo o título "Patrimonio e voces do Camiño de Santiago", esta edición desenvolverase no Auditorio do Museo entre os días 20 e 23 de xullo.
Para MÁIS INFORMACIÓN e INSCRICIÓN:
Expoñer á comunidade universitaria e a todos os interesados no Camiño de Santiago e a cultura xacobea as últimas investigacións sobre o Camiño e as peregrinacións internacionais, particularmente sobre o seu patrimonio histórico e artístico, desenvolvidas tanto na Universidade de Santiago de Compostela como noutros centros científicos nacionais e internacionais.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso
