Evento: Peza do mes: Neno sentado, de Antonio Faílde

  • Portada da publicación da Peza do Mes de setembro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Neno sentado, de Antonio Faílde
martes, 1 setembro, 2026 a mércores, 30 setembro, 2026
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Neno sentado, de Antonio Faílde

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o mércores 9 de setembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre, a cargo de Ángel Domínguez López.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo artístico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A figura escollida é o Neno sentado, de Antonio Faílde. De barro cocido, mide 30x22x30,5 cm.

Antonio Faílde Gago (Ourense, 1907-1979) foi un artista afincado na súa cidade natal, cunha traxectoria que seguiu enraizada na tradición galega de carácter popular. Aínda así, sen estar plenamente integrado no grupo de Os Novos, realiza unha escultura que responde os postulados definidos polos renovadores, xa que as súas obras parten das influencias da tradición do románico galego para representar en granito, madeira ou barro, toda unha serie de tipos humanos de inspiración popular como nenos, mulleres, maternidades e deusas primitivas, como é o caso da peza protagonista. Esta figura sentada de terracota, conserva unha modelaxe e unha composición moi similares a outras moitas que labra en pedra.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar nas características e na obra de Faílde, nun estudio a cargo, neste caso, de Ángel Domínguez López.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
4 de setembro
Centro Sociocultural Manuel Oreste
Toponimízate 2026
11 de setembro
Centro de Maiores Os Gozos
Toponimízate 2026
25 de setembro
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel
Toponimízate 2026
2 de outubro
Mercado das Neves