Evento: Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
Este venres Ena Besley presentará a súa primeira novela "Ni paraíso ni mierdas" de Estrella del Norte edicións, aberto ao público en xeral que queira achegarse.
Sinopse:
"Ni paraíso ni mierdas" narra as peripecias de Bárbara, unha adolescente de 16 anos, á que expulsan do instituto 40 días. E iso que o seu soño é ir á Universidade! Pero como ela ben di: "[...] son boa estudando, pero se me poñen nunha gaiola con cobaias, doume de cabezazos contra o cristal". A súa vida transcorre nun barrio humilde con todo o seu carrusel de personaxes estrafalarios e a súa familia que tampouco queda curta: unha nai ausente que opina que a familia está unicamente para foder, un irmán que só a chama cando está de baixón pola cocaína e unha tía que a adora, que sofre de incontinencia verbal e, que padece de "acesos de amor", que de cando en cando son correspondidos. Con eles (e sen eles a maior parte do tempo), terá que lidar cos avatares propios da adolescencia como o amor, o sexo, a aceptación social, a familia e –cortesía do universo– un trastorno alimenticio.
Biografía:
(Lugo, 1995). Graduada en Dirección Cinematográfica e Guion e titulada en Administración e Finanzas, con estudos en cómic, ilustración dixital e narrativa. De ascendencia inglesa, galega e catalá, residiu en Sabadell (Barcelona) e Mallorca e agora vive en Ourense.
En 2010 debuta como ilustradora con Peluxes. Flufballs - Edición Bilingüe (editorial T&T). En 2026 crea a sección de relatos "La Chispa" na revista Luz e calor. "Ni paraíso ni mierdas" é a súa primeira novela, publicada en Estrella do Norte Edicións.



