Evento: Adeus ás armas: que foi do pacifismo?

Adeus ás armas: que foi do pacifismo?
mércores, 14 decembro, 2022 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Adeus ás armas: que foi do pacifismo?

Presentación organizada polo Foro OBen Común

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro "Adeus ás armas: que foi do pacifismo?" organizada polo Foro OBen Común. 

O libro aborda as presenzas e ausencias do movemento pola Paz nun momento de crecente confrontación e carreira armamentista. A invasión de Ucraína, a diferenza da invasión de Iraq, non ten xerado unha forte mobilización na rúa. Se durante a guerra de Iraq foi a cidadanía global quen protestou pola mesma, nesta guerra de Ucraína existen silencios incomprensibles. De aí o titulo do libro “Que foi do pacifismo?”
Trátase dunha obra coral na que participan 21 autores e autoras que pola súa traxectoria desde a investigación, a educación ou o activismo pola Paz son referenciais en Galicia e en España.
No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense