Evento: O Esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela

O Esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela
xoves, 14 xullo, 2022 a sábado, 24 setembro, 2022
Rúa do Franco,
Santiago de Compostela

O Esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela

Un dos obxectivos desta mostra, que se celebra en Fonseca co apoio da USC, Concello de Santiago, Xunta, Deputación e Xacobeo é poñer en valor a relación co acibeche e a pratería dos nosos ourives, así como c...

A mostra pretende aproximar a realidade que supuxo e mantén a actividade dos gremios da prata e o acibeche na cidade de Santiago de Compostela, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea (naceu baixo a súa tutela e alcanzou o seu extraordinario esplendor ao seu abeiro), como da propia cidade, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e  en distintas rúas do seu casco histórico.
Os oficios prateiro e acibecheiro, vinculados dende fai mais de dez séculos á historia da cidade, aínda distan de ser recoñecidos e valorados axeitadamente, pese á súa importancia artística, cultural, social, e mesmo económica, na historia de Compostela. Tanto no ámbito relixioso como no civil, a ourivería permanece íntimamente integrada no ADN da cidade de Santiago e do fenómeno xacobeo desde os seus inicios. É neste contexto, e co ánimo de achegar a historia e traballo destes gremios, aínda vivos, á cidadanía como nace o presente proxecto expositivo.
Debido a ineludible vinculación da súa actividade coas encomendas da Igrexa compostelana e galega, dende un primeiro momento, a aproximación a éstas Institucións patrimoniais, considerouse imprescindible; así como doutras institucións museísticas que custodian e expoñen o noso patrimonio en xeral e o prateiro e acebicheiro en particular. Esta exposición tamén conta coa participación cidadán, a través de coleccións particulares e dos profesionais que hoxe en día seguen en activo. Esta circunstancia facilitou a posibilidade de armar un discurso expositivo acorde co proxecto.
Finalmente, a selección de pezas realizadas desta mostra sitúase no entorno das 100, respondendo a criterios de tipoloxía, representatividade, cronoloxía e autoría. Pratería e acibeches, salvando as funcionalidade do seu material, comparten con poucas diferenzas xéneros e tipoloxías, chegando nos derradeiros a converxer e complementarse.
 
VISITAS GUIADASA Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia ofrece visitas guiadas diarias.RESERVAS en info@guiasdegalicia.org ou Whatsapp (+34 606985185), sempre antes das 16:30 para visitas no mesmo día.HORARIOS: Explicación da exposición: 18h -19:30h (Os visitantes quedan vendo a demostracións dos artesáns: 19:30-20h.)PREZO: 10,00€/ paxMAX GRUPO: 20 paxVISITAS NON REGULARES:Todos os grupos poderán solicitar en APIT ( Email/ Whatsapp/ teléfono) a posibilidade de facer unha visita privada dentro do horario da expo. Os grupo deberán ter un mínimo de 10 pax ( ou abonar 100,00€ de tarifa mínima).As reservas estarán suxeitas a disponibilidade de guías.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia