Evento: Mulleres artistas: aprendendo o oficio

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
martes, 11 marzo, 2025 a mércores, 31 decembro, 2025
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Mulleres artistas: aprendendo o oficio

Con motivo do Día Internacional da Muller, o Arquivo de Galicia inaugura a exposición *Mulleres artistas: aprendendo o oficio*, que reflicte o difícil camiño ao que moitas tiveron que enfrontarse para conseguir...

Ao longo da historia, as mulleres sempre foron relegadas nas marxes da educación artística. Expedientes para o establecemento dunha escola de nenas nos que se especificaba que o interese que existía para que as mulleres aprenderan a debuxar era, unicamente, que puideran despois trasladar a aprendizaxe a labores de bordado, citas nas que se expoñía que as nenas debían sentarse lonxe dos nenos para non distraelas, ou escritos nos que se explicaba que as nenas tiñan que atender a clase polas mañás porque ningún pai querería que a súa filla volvese a casa de noite.
A escaseza de alumnas matriculadas e a súa práctica inexistencia dentro dos cadros de persoal do profesorado demostran as grandes dificultades que tiñan as mulleres para accederen a ensinanzas artísticas. Con motivo do Día Internacional da Muller, o Arquivo de Galicia inaugura a exposición Mulleres artistas: aprendendo o oficio, que reflicte o difícil camiño ao que moitas tiveron que enfrontarse para conseguir o recoñecemento social da súa capacidade creadora, así como o acceso á educación artística.
A mostra exhibe un total de 39 documentos orixinais de entre 1785 e 1962 procedentes dos fondos da Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Escola de Artes e Oficios. Informes, regulamentos de funcionamento das escolas, fotografías, láminas utilizadas como modelos para a aprendizaxe do debuxo ou exercios realizados polas alumnas son algúns dos materiais que podemos atopar nesta mostra e que reflicten a situación das mulleres na educación artística en Santiago de Compostela.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones
14 de febreiro a 1 de xuño
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5