Evento: Somos un Ribeiro diverso

Somos un Ribeiro diverso
martes, 1 abril, 2025 a mércores, 31 decembro, 2025
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Somos un Ribeiro diverso

Mostra deseñada polo alumnado do colexio público de Ribadavia

“Somos un Ribeiro diverso” é un proxecto que conecta diversidades: a da colección etnolóxica e a da comunidade á que esta desexa representar. Os seus principais obxectivos son ampliar o foco, buscar novos relatos, repensar que son ou poden ser os obxectos museísticos e presentar a etnoloxía como unha vía para construír unha sociedade máis empática.

A mediadora cultural, Aida Lojo, traballou con nenos e nenas de 8 e 9 anos como axentes do contexto cultural no que viven, valorando as súas particularidades individuais dende o respecto aos demais. Partindo do xogo e das conversas xurdiron temas vinculados á diversidade social -pasada e presente- e aos museos, que foron recollidos en imaxes pola ilustradora María Nóvoa.

Todo este material, tanto o aportado polos rapaces como os debuxos da ilustradora, constitúen un pequeno espazo expositivo que se inaugurou contando coa presenza dos protagonistas.

Máis eventos de tipo Exposición

Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia