Evento: Virada Equipos

Virada Equipos
xoves, 16 setembro, 2021 - 11:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Virada Equipos

Programa para contribuir a construir equipos efectivos e afectivos.

O propósito de VIRADA para o fortalecemento de equipos (VIRADA  Equipos) é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.

O programa quere contribuír a construír equipos afectivos e efectivos que alcanzan a calidade desde a calidez.

Entendemos por equipos naturais aqueles que se configuran nas organizacións para o desenvolvemento dunha función ou a execución dunha tarefa, e que establecen entre os seus membros vínculos  relacionais de certa continuidade.

Por exemplo: o equipo de dirección dunha entidade, un equipo técnico dunha organización, un equipo de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización…

As actividades principais que estruturan o programa son:

Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.

Encontros presenciais outdoor.

Talleres de contido sobre liderado.

Coaching de equipo.

VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal