Evento: Sonar Gaifar: Dj Viktor Flores

Sonar Gaifar: Dj Viktor Flores
venres, 14 agosto, 2020 - 20:00
Espazo Dunas
, Nigrán

Sonar Gaifar: Dj Viktor Flores

Festival de Dj´s

Viktor Flores, DJ nigranés que este ano celebra os seus 25 anos nas cabinas. Residente e programador do añorado clube vigués Vademecwm, foi co-fundador do Festival Sinsal, e exerce coma programador e xestor cultural para diversas marcas e institucións. Pasou a súa música polas principais cabinas e festivais de España, Portugal e outros países, e é o DJ galego que máis veces actuou no prestixioso festival barcelonés Sónar.

Tra-la excelente acollida da primeira data do ciclo Sona Gaifar, celebrada o pasado 10 de xullo, o vindeiro venres 14 de agosto terá lugar a segunda e última sesión do verán 2020 deste evento sonoro, promovido polo Concello de Nigrán, novamente no Espazo Dunas de Gaifar, que ven acollendo múltiples actividades de lecer e cultura nesta tempada estival, e revélase coma un escenario ideal para os atardeceres xunto ó mar, así coma para acoller a artistas e público. O ciclo propón unha selección de músicos e DJ’s destacados de toda Galicia, coa atención tamén a artistas de Nigrán.

  • Viktor Flores | The Bass Valley

Máis eventos de tipo Festival

Festival As Noites do Caudal Fest 2020
Aprazado
III As Noites de Caudal Fest
3 de setembro a 20 de setembro
3 de setembro a 20 de setembro
Praza de Augas Férreas / Explanada Gustavo Freire
Fic Bueu 2020
11 de setembro a 19 de setembro
Centro Social del Mar
Festival Primavera do Cine
15 de setembro a 20 de setembro
Varios espazos
Revoltallo
18 de setembro a 20 de setembro
Carballeira do Pedregal