Evento: Sona Gaifar: José González + Dll Outro

Sona Gaifar: José González + Dll Outro
venres, 14 agosto, 2020 - 18:00
Espazos Dunas de Gaifar (Panxón),
Nigrán

Sona Gaifar: José González + Dll Outro

Festival de música electrónica.

O ciclo propón unha selección de artistas destacados de toda Galicia, con nomes emerxentes e outros máis consagrados: DJ´s, actuacións en vivo e, como non, artistas locais de Nigrán. Actuarán, entre outros, José González, Dll Outro e Viktor Flores.

A primeira sesión de Sona Gaifar terá como convidados a artistas novos pero de gran proxección nacional e internacional. A actuación en vivo vén da man de Belém Tajes, cantante e compositora, teclado e voces do proxecto Vudú e anteriormente noutras formacións como Luar na Lubre. A súa proposta parte de letras da música tradicional galega con harmonías fundamentalmente Soul e R&B, música íntima e elegante.

No apartado de DJ´s e selectores musicais, abrirá a sesión a viguesa Akazie. Con herdanza musical latina e influenciada polo jazz e o hip hop, mestura un espectro sonoro baseado na electrónica percusiva con influencias da música africana, lusófona ou árabe.

Tamén estará Fon Kid, un dos DJ´s máis respectados e experimentados de Galicia do música disco e de raíz negra (funk, soul), residente no bar Pénjamo de Patos e responsable dos eventos e programa de radio Under the Ball.

Pechando a xornada estarán Yugen Kala, nova dupla de produtores e DJ´s vigueses, quen con tan só 16 anos, veñen de editar un dos discos máis sorprendentes e mellor valorados pola crítica nacional e internacional deste 2020. Ademais, están nomeados como finalistas na edición deste ano dos Premios Martín Códax dá Música -categoría electrónica-.

No segundo evento do ciclo Sona Gaifar, que se celebrará o venres 14 de agosto, actuarán, entre outros, José González, Dll Outro e Viktor Flores.

A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos