Evento: O mar de Galicia e o cambio climático

O mar de Galicia e o cambio climático
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

O mar de Galicia e o cambio climático

Conferencia de Xosé Antón Álvarez Salgado.

Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), que se poderá seguir no portal de Afundación en casa. O relatorio está enmarcada no programa promovido por Afundación e ABANCA para concienciar sobre a importancia do coidado da protección do medioambiente e os océanos. Na súa charla, Xosé Antón Álvarez Salgado analizará a evolución do mar galego. Desde mediados do século XX, os ecosistemas mariños de Galicia veñen sufrindo importantes cambios asociados á actividade humana a escala global. Así, a temperatura superficial da auga aumentou 0,6 ºC, o nivel medio do mar ascendeu 17 cm e a intensidade e frecuencia das nortadas características da primavera e verán reducíronse nun 50 %. Estes impactos ?que están a afectar ao tempo de renovación das rías, a viabilidade das infraestruturas portuarias ou á produtividade pesqueira e marisqueira de Galicia, tanto presente como futura? analizaranse nesta charla.

Xosé Antón Álvarez Salgado

Doutor en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa especialidade é a Oceanografía Química. Desde 1999 é integrante do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), en Vigo, onde exerce como profesor de investigación. O seu traballo céntrase no estudo dos ciclos do carbono e os sales nutrientes en augas costeiras, de plataforma e oceánicas, con especial énfase no sistema de afloramiento de Galicia, tanto desde o punto de vista da explotación dos recursos vivos como do cambio global. É autor de máis de 150 artigos científicos.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello