Evento: Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc

  • Peza do mes de novembro no Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc
sábado, 1 novembro, 2025 a domingo, 30 novembro, 2025
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 12 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Nesta ocasión dase difusión á Historia Natural de Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon.  Á metade do século XVIII, Buffon ocupou unha praza de Botánica en París e foi nomeado moi pronto director do Xardín do Rei e se lle encargou un catálogo das coleccións do gabinete do rei. Buffon emprendeu nese momento a publicación da Historia natural, xeral e particular..., cuxos tres primeiros tomos apareceron en 1749. A Historia natural contén ideas revolucionarias e radicais para o século XVIII. Considerou o home un animal máis e puxo de manifesto as similitudes entre este e os simios. Nos seus choques coa Igrexa, Buffon, hipocritamente, fixo unha retractación formal e seguiu imprimindo. A pesar de estar rodeado de polémica, chegará a ser a obra máis difundida do século XVIII, e superou as obras de Voltaire e Rousseau. Entre os fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntranse 21 tomos correspondentes a unha tradución ao castelán da grande obra de Buffon, que conservan os exlibris cos que se pode facer o seguimento dos seus propietarios.

A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, e as circunstancias que rodean ao autor e á época na que foi creada, nun estudio a cargo, neste caso, de Vicente Rodríguez Gracia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
Presentación de Sentinelas no limiar das tebras
Sentinelas no limiar das tebras - Presentación en Pontevedra
27 de novembro
Librería Nobel - Pontevedra (Rúa Cobián Rofignac, 4)
Arqueoloxía en Monodose
24 de novembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense