Evento: Sentinelas no limiar das tebras - Presentación en Pontevedra

  • Presentación de Sentinelas no limiar das tebras
Sentinelas no limiar das tebras - Presentación en Pontevedra
xoves, 27 novembro, 2025 - 19:30
Librería Nobel - Pontevedra (Rúa Cobián Rofignac, 4),
Pontevedra

Sentinelas no limiar das tebras - Presentación en Pontevedra

Presentación en Pontevedra da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras", de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande; segunda parte da saga de mitoloxía e aventuras xuvenil (de 9 a 99 anos) iniciada con "Sentinelas da lúa carmesí", obra que iniciou a colección "BD Galaxia" da Editorial Galaxia, que este ano fai o 75 aniversario.

Acompañando a Senande e Castro, estará o escritor e tradutor Santiago Lopo que tratará de desvelar algúns dos segredos e "easter eggs" que se agochan entre as páxinas desta saga etiquetada coma o "Stranger Things á galega".

Ao remate haberá unha sesión de sinaturas cos autores. Entrada de balde ata completar cabida.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés