Evento: Os temas da arte: renovación e modernidade

Os temas da arte: renovación e modernidade
mércores, 15 outubro, 2025 a mércores, 17 decembro, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Os temas da arte: renovación e modernidade

Nove edición deste curso anual, nesta ocasión vinculado ao contexto da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

Novo curso do ciclo "Os temas da arte", nesta ocasión vinculado co contexto da mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

O curso Renovación e modernidade. Arte e cultura en Galicia, exilios e retornos, 1930-1975 propón unha análise vertebral dos significados múltiples da creación cultural en Galicia dentro do ámbito do Estado e das relacións e fluxos cos artistas e intelectuais galegos exiliados durante e tras a Guerra Civil española. Con detemento, unha reflexión sobre as artes plásticas, e as interferencias e rupturas cos movementos anteriores á década dos anos trinta do século XX, e a súa evolución moderna nas décadas da ditadura.

Impartido por Alberto Cartón.

Máis información sobre o contido e a inscrición nesta ligazón do Museo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Coloquio Galego de Museos Locais
14 de novembro a 15 de novembro
Museo do Pobo Galego
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
Presentación de Sentinelas no limiar das tebras na FNAC da Coruña
Sentinelas no limiar das tebras
15 de novembro
Fnac da Coruña (Praza de Lugo, s/n)
De nais a fillas. Receitas para non esquecer. Gastronomía en feminino
Presentación do libro "De nais a fillas. Receitas para non esquecer. Gastronomía en feminino", de Hércules de Ediciones
18 de novembro
Museo Provincial de Pontevedra (Edificio Castelao, Rúa Padre Amoedo Carballo, 3).