Evento: Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado

Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado
martes, 24 marzo, 2026 - 19:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado

de Mohamed Safa

Esta tarde contaremos co doutor  Mohamed Safa que ven presentar o seu último libro "Gaza un xenocidio televisado".

Organizado por BDS Ourense é unha actividade de acceso libre ata completar o afora da Sala.    

 Mohamed Safa naceu en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo Estado de Israel desde 1967. Médico oftalmólogo de profesión, cursou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo da súa traxectoria, impulsou e participado en numerosas iniciativas culturais e políticas destinadas a dar maior visibilidade á causa palestina, desafiando o discurso oficial e as narrativas impostas por sectores sionistas, grupos antisemitas e a #ultradereita. O seu activismo materializouse en artigos, conferencias e obras de autoría propia. Entre os seus libros máis destacados atópanse Palestina: berro pola liberdade (Do Castro, 2003), A revolución árabe: democracia, nacionalismo e relixión (Folla de Lata, 2017) e A segunda Nakba: o proceso de paz (Utopía Libros, 2021).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo