Evento: Azul y la revolución de los colores

Azul y la revolución de los colores
venres, 24 xaneiro, 2020 - 20:00
Auditorio do centro cívico cultural de Arteixo,
Arteixo

Azul y la revolución de los colores

Espectáculo de teatro infantil da compañía asturiana Mar Rojo Teatro

As formigas ven en branco e negro. Por iso, para as súas compañeiras, Azul é outra formiga negra. Para ela mesma tamén. Con todo, Azul sente que hai algo máis alá, e un día motivada pola súa necesidade de saber, descobre que fóra do seu formigueiro existe un mundo cheo de cores. Azul tentará que o resto das formigas saiban do seu fantástico descubrimento, pero a Raíña non llo vai a poñer nada fácil porque, que faría unha formiga se descubrise que hai algo máis que o traballo e as estritas normas do formigueiro?.

Azul y la revolución de los colores é un espectáculo dirixido a nenos/ as a partir de 5 anos e a público familiar.

Está baseado nos libros da serie AZUL do escritor Rafaél R.Valcárcel ( Palabras Aladas, O Emocionario..) e fala sobre a necesidade de confiar nun mesmo e a liberdade que temos cada ser humano de ¨ser quen queiramos ser¨.

O espectáculo aúna distintas técnicas como os monicreques, o traballo dos actores, a luz negra e os audiovisuais. Estreouse en 2016 e desde entón anda xirando por toda España con moi boas críticas por parte do público, adulto e infantil. Azul emociona, divirte e fai reflexionar ao espectador independentemente da súa idade. Recentemente foi seleccionado en FETEN 2018.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Rock and magic
19 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
19 de abril, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Tavole
19 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Isaura e Tristán. Contahistorias
19 de abril, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo