Evento: BERENGUELA NA GAIOLA

  • Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
domingo, 19 abril, 2026 - 18:00
Edificio Multiusos,
Monforte de Lemos
Un espectáculo do Centro Dramático Galego en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú e FIOT de Carballo. Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024

Berenguela vive nunha residencia, pero quere volver á súa casa da aldea. Alí coñece a Aurora, que ten unha imaxinación sen límites, e a Tomás, sempre calado e pensativo. Berenguela propón unha revolta e volverse salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libre e cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Os tres anciáns escollerán para representar a obra de Manuel María Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar.

A carballesa Galeatro e Xarope Tulú aliáronse neste proxecto que gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e para o que contan coa dramaturga e directora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Ambas compañías están comprometidas con linguaxes escénicas diversas dirixidas á infancia e tamén coa narración e o teatro de obxectos. O FIOT colabora coa creación como coprodutor, xunto á Casa-Museo Manuel María e ao Centro Dramático Galego.

 

Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira

Espazo escénico e vestiario: As Dúas e Punto

Espazo sonoro: Xavier Bértolo

Caracterización: Lorena Calvo

Iluminación e escenografía: Nicolás Zamorano

Deseño gráfico, foto e vídeo: Sol Álvarez

Elenco: Alba Bermúdez, Tone Martínez E Atenea García

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Os dous de sempre
Os dous de sempre. O regreso
30 de maio, 20:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Un deus salvaxe
Un deus salvaxe
31 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
Se as árbores falasen
4 de xuño, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo