Evento: Tavole

Tavole
domingo, 19 abril, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Espectáculo circense a cargo de Circo Chosco

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.

TAVOLE é un espectáculo que xira en torno a dous personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levarán a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.

Moitas situacións cotiás acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarte a unha mesa a pensar e reflexionar, é aí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como saír de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen!

Unha tola e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde as persoas espectadoras serán partícipes do xogo para que todo saia ben.

Un show cercano, interactivo e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

 

Ficha artística

Autoría: Ariñe Azkue, Óscar Paez e Aritza Rodríguez

Dirección: Aritza Rodríguez

Escenografía: Jose Luís Canete

Deseño son e iluminación: Zirko Txosko

Vestiario: Estudio14

Música: Zirko Txosko

Coreografía: Aritza Rodríguez

Elenco artístico: Ariñe Azkue e Óscar Paez

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O autoestopista intergaláctico
3 de abril, 16:45
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo