Evento: Senior

Senior
sábado, 6 xuño, 2020 - 21:30
Auditorio municipal Reveriano Soutullo,
Ponteareas
Un espectáculo de Culturactiva

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós.

Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moit@s de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

Grandes dilemas do sénior: visto como o meu fillo ou como o meu pai? Haberá cadeiras nese concerto? Saberei enfrontarme aos test de memoria no xeriátrico? Como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic? Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compaña de Luís Iglesia e Marcos Orsi.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra