Evento: Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.

Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
sábado, 22 novembro, 2025 - 20:30
Auditorio Casa da Cultura,
Vimianzo

Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.

Concerto a cargo de Soledad Vidal & Aurelio Viribay

Cantares Atlánticos, é un espectáculo formado por un recital de cámara e videocreación, intepretado pola soprano Soledad Vidal e o pianista Aurelio Viribay, prestixiosos artistas que forman un dúo estable na interpretación de cancións de cámara en galego. 

O seu obxectivo é a difusión deste fermoso e infrecuente repertorio musical composto a partir da poesía galega como única fonte literaria: dende as cantigas medievais ata as recentes creacións de famosos compositores, fascinados polas posibilidades poéticas e musicais que ofrece a lingua galega. Cantares Atlánticos conta ademais cun atractivo compoñente audiovisual: unha videocreación que ilustra e dialoga coas melodías galegas, enriquecendo así o discurso musical.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Bichitos
8 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Coa cabeza nas nubes
8 de decembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
O que hai que ver
8 de decembro, 19:30
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Os dous de sempre. O regreso
11 de decembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo