Evento: A metamorfose

A metamorfose
sábado, 22 novembro, 2025 - 20:00
Pazo da Cultura,
Narón
Espectáculo teatral a cargo de Sarabela Teatro

A Metamorfose é a máis célebre novela de Franz Kafka e unha das máis importantes de toda a historia da literatura. (Lectura obrigatoria en 4º da ESO).

Sen a menor cerimonia, o texto coloca o lector diante do famoso Gregor Samsa,  transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana - todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal. Rescataremos na versión escénica de Carlos Álvarez Osorio a dimensión cómica, grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante “slapstick”. 

Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non sopn seres humanos, entón, que son? bechos? Insectos?

A metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou aporta.  

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Vitória
7 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Coa cabeza nas nubes
7 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
Último verán en Santa Cristina
7 de novembro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Coa cabeza nas nubes
7 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña