Evento: Concertos da Selección Oficial na Praza da Quintana
Concertos da Selección Oficial na Praza da Quintana
Estes concertos abertos ao público forman parte de Womex 2014, a maior e máis importante feira internacional das músicas do mundo que reunirá en Santiago a uns 2.600 participantes procedentes de 100 países entre o mércores 22 e o domingo 26 deste mes de outubro, o que a converte na edición de máis participación dos últimos cinco anos. Asemade, tamén ofrece 60 concertos onde se dá cabida a 600 intérpretes.
Na programación de actuacións abertas ao público fóra da axenda profesional atópanse estas actuacións da Selección Oficial, que se realizarán na Praza da Quintana.
Praza da Quintana
21:00 Raúl Rodríguez – Razón de Son (España)
21:45 Otava Yo (Rusia)
23:15 Spiro (Reino Unido)
22:30 Guayo Cedeño & Coco Bar (Honduras)
00:00 Ajinai (China)
00:45 Mayito Rivera & The Sons of Cuba (Cuba)



