Evento: XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso
XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso
XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso
Concertos en diferentes espazos do patrimonio arquitectónico de Ourense
Este festival ten como obxectivo encher a vida musical da cidade de Ourense. A catedral, diferentes igrexas e o Teatro Principal,son algunhas das localizacións onde se celebran os concertos.
Nesta edición participarán grupos como Vienna Clarinnet Connection, Apollo5, La Reverdie, Los Músicos de Ureña e Odhecaton, entre outros. Ademais, levaranse a cabo encontros con algúns dos artistas invitados, mesas redondas, conferencias e clases maxistrais.
Este festival está organizado polo Concello de Ourense e conta co apoio da Deputación de Ourense.